6.6 C
Lugo
Mar, 2 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine «Hitler, Garbo …e Araceli» de José de Cora

23 de mayo - 19:00

Cine «Hitler, Garbo …e Araceli» de José de Cora

Venres 23 de maio, ás 19.00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes

Haberá un coloquio previo co director José de Cora, acompañado de dous actores que participaron neste documental.

José de Cora, escritor e xornalista lucense, desenrolou o seu traballo en todos os medios de comunicación: axencias de noticias, periódicos, revistas, radio, cine e televisión.

Como cineasta, escribe os guións, dirixe e produce multitude de series e documentais. Tamén cultiva a narrativa, con obras como, La Navaja Inglesa ou Te llamaré muerto.

O documental “Hitler, Garbo … y Araceli” conta a historia do matrimonio formado polo catalán Juan Pujol García e a galega Araceli González Carballo, que tras gañarse a confianza do III Reich como supostos espías en Londres, cando en realidade residen en Lisboa, ofrécense aos aliados e protagonizan a campaña de contrainformación que fai posible o desembarco de Normandía e a caída de Hitler; unha historia que cambiou o rumbo dunha guerra.

 

Detalles

  • Fecha: 23 de mayo
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local