2.2 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Circo de Pinocho

14 de febrero - 16 de febrero

Circo de Pinocho

Carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro Río Miño (Xunto Carrefour) | Lugo

14 a 16 de Febreiro 2025

21 a 23 Febreiro 2025

Unha montaxe creada unicamente para representarse en carpa que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo.

Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho.

Geppeto será o pallaso, a Fada a trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero… faltan o resto de artistas!

Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas… e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro.

Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.

Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.

Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

Información de interese:

· Duración: 2 horas con descanso de 15 minutos incluído.

· Idioma: Galego

· Non está permitida a entrada de carriños de bebé á sala. Disporase dun parking no vestíbulo do circo.

· As cadeiras de rodas poden acceder tanto ao palco central como ao lateral, seleccionando calquera butaca, que será substituída o día da función.

· As funcións poderán ser canceladas por condicións climatolóxicas moi adversas, seguindo as recomendacións de MeteoGalicia ou Aemet.

· Menores de 24 meses que non ocupen butaca non pagan

Un espectáculo de Educateatro Producións.

Entradas: Ataquilla

 Axenda Cultural de Lugo:

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Comienza:
14 de febrero
Finaliza:
16 de febrero
Categoría del Evento: