O sábado día 24 de maio a Orquestra de Cámara Lug formada por unha vintena de músicos con idades comprendidas entre os nove e os setenta anos, participará na 52 Semana de Música do Corpus Lucense, organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo, dentro da actividade Música na Rúa na que os centros de música da cidade realizarán concertos polas rúas e prazas de Lugo.
A nosa orquestra tocará ás 19;15 horas na Praza Maior, realizando un concerto no que abarcaremos dende repertorio clásico ata música tradicional galega.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte