31 de maio – Auditorio Fuxan os Ventos – 20:30 h
Alexandra Tirsu, violín
Programa:
Juan Durán (1960) Dona Nobis Pacem
Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893) Concerto para violín e orquestra en re maior, Op. 35
Ludwig van Beethoven (1770-1827) Sinfonía nº 6 en fa maior, Op. 68 “Pastoral”
Tres obras, tres séculos, tres formas de entender a música como espello da condición humana. Desde o silencio respetuoso de Durán ata a explosión vitalista de Chaikovski e a harmonía cósmica de Beethoven, este concerto é unha invitación a escoitar o mundo con novos ollos. «A música pode nomear o inefable e comunicar o incognoscible» (Leonard Bernstein).
Resultou finalista no concurso para a praza de director asistente da orquestra Filharmónica de Berlín e de Kirill Petrenko.
Gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Aspe, do I Concurso Internacional de Dirección Cidade de Villena e gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao.
Dirixiu a Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Radio Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquestra de Estremadura, Orquestra Cidade de Granada, Orquestra de Córdoba …
Actualmente titular da Jove Orquestra de les Comarques Gironines «JOCG»
Alexandra Tirsu é unha violinista recoñecida internacionalmente polo seu arte expresivo e as súas galardoadas interpretacións.
Gañadora do 3º premio e do premio do público no Concurso ARD de Múnic, Tirsu actuou con orquestras como a London Symphony ou a Bavarian Radio Symphony , e en escenarios como o Konzerthaus de Viena, a Philharmonie de Berlín ou o Elbphilharmonie de Hamburgo.
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.