Concerto de Dream Pony
Este xoves 18/09 -20.00 horas (con PUNTUALIDADE BRITÁNICA) – Club Clavicémbalo de Lugo.
Dream Pony, banda de Neo Glam e Soft pop orixinaria de Nova York.
A súa proposta mestura pop, glam e r’n’r sen impoñerse límites, con letras sinceras que funcionan como un canal directo cara o cotián.
O proxecto naceu a finais de 2022 da man do cantautor e poeta Jordan D’Arsie [Women of the Night] e do percusionista Aaron Mika [Televisionaries]. Pouco despois uniuse Massiv [Revel in Dimes] ao baixo.
Inspirados por un imaxinario cinematográfico, constrúen cancións enraizadas na poesía do día a día.
En 2024 lanzaron SUSPICION TODAY, o seu primeiro longa duración, editado por FOLC Records. Trátase dun álbum vibrante e embriagador que transmite unha sensación eufórica de posibilidades infinitas. As voces magnéticas de D’Arsie xunto á percusión poderosa de Mika xeran unha atmosfera irresistible: bailable, romántica, apaixonada e luminosa.
Ao longo do disco brillan as harmonías, os sintetizadores cristalinos e as guitarras hipnóticas, dando forma a unha paisaxe sonora en constante evolución que difumina as fronteiras entre o etéreo e as rúas de Nova York. Unha auténtica banda sonora para lanzarse a unha noite tola.