4.4 C
Lugo
Vie, 14 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Grampoder

22 de febrero - 13:30

Concerto de Grampoder

Sábado 22 de febreiro  – 13:30 – Ho! Gruf

Aproveitando ao máximo os recursos dunha formación mínima, Grampoder levan máis de dez anos evolucionando sobre o propio escenario.

O son contido, próximo ao folk americano e ao tropicalismo, dos seus primeiros traballos deu paso en PM (2022) a un rock escuro e eléctrico.

A proposta prolóngase agora con Amuleto (2024), un disco no que Grampoder afondan nas súas obsesións: o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria.

As cancións, gravadas por Jacobo Iglesias nos Estudios Potemkin, débenlle tanto á dark wave dos oitenta coma ao blues clásico ou o indie noventeiro.

Le Roi e Martin Wu exercen de notarios dunha xeración apenas cos elementos dunha batería e unha guitarra eléctrica.

Adaptables no seu formato, Grampoder despregan un directo intenso e moi físico, unha montaña rusa de intensidades que explora o punto no que se encontran o rock máis ruidoso coa melodía e a rabia coa resignación.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
22 de febrero
Hora:
13:30
Categoría del Evento:

Local

Ho Gruf
Plaza Campo Castelo, 52
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Ver la web del Local