- Este evento ha pasado.
Concerto de Raposa polo Día Internacional dos Museos

Concerto de Raposa polo Día Internacional dos Museos
RAPOSA (María Villanueva e Rubén Abad) debuxarán paisaxes batuxados por música clásica e jazz o domingo 18 de maio de 2025 no Centro Arqueolóxico San Roque ás 12:45 horas. Entrada de balde ata completar a cabida.
Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad.
Consolidada sobre un cimento de corda pulsada, a súa proposta sobrevoa paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e delicadeza.
NOTA: Olalla Caamaño estará en concerto o domingo 18 de maio de 2025 – Sala de Exposicións Porta Miñá ás 18:30 horas. Entrada de balde ata completar a cabida.

Concertos de Raposa e Olalla Caamaño polo Día dos Museos
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo





























