- Este evento ha pasado.
Concerto de SÉS – «Nadando na incerteza»

Concerto de SÉS – «Nadando na incerteza»
Auditorio Fuxan os Ventos | Lugo
24 Xaneiro 2026 20:30
SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, «Nadando na incerteza», un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións.
O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.
Elenco:
SÉS – voz, guitarra e percusións
Sabela Galbán – acordeón, frauta, percusións e voz
Hirahi Afonso – timple canario e guitarra
Tito Calviño – guitarra
Mayfer Pinto – percusións
Entradas: Ataquilla



























