Concerto de Su Garrido Pombo e Marco Maril
Venres 14 de febreiro de 2025 na Casa do Saber do campus de Lugo, ás 20.30 horas.
Entrada de balde.
O seu estilo músical acolle diversos xéneros e nos seus directos acompáñana as súas guitarras, a súa pandereta e os seus pedais de efectos, nunha proposta Íntima e próxima, onde as cancións e as historias se entretecen porque cantar e contar son parte da vida.
No ano 2019 publica o seu primeiro album en solitario Quedo a vivir aquí, e obtén o primeiro premio no Concuro Fran Narf da Deputación de A Coruña (2018).
No ano 2019 faise co Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019).
A finais do ano 2022 sae o seu novo disco ”Patios de luz” onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o espacio común, a emigración do campo á cidade, as hortas, os patios de atrás e a luz.
Con este novo traballo acada de novo o Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2023) e realizou numerosos concertos pola península, incluídas unha xira en Irlanda no outono de 2023