Concerto de The Len Price 3
28 de enero - 22:00

Concerto de The Len Price 3
Mércores 28 de xaneiro de 2026
22:00 horas
Club Clavicémbalo de Lugo
Promove: Facela Fest
Entradas: billeteira e https://facelafest.com/
The Len Price 3
Criados a base de cancións curtas e sen concesións como as de The Who, The Kinks e The Clash, The Len Price 3 (Thelenprice) son un trío de rock e pop sixtie, de garage, nacido nas Medway Towns (Kent) que leva anos demostrando que o rock non necesita maquillaxe.
Comezaron tocando en bares, pagando por subir ao escenario e sendo expulsados por soar demasiado alto. Cambiaban de nome, volvían entrar e seguían tocando.
Chinese Burn (2005) foi o inicio do ruído serio: xiras, boas críticas e un concerto en Nova York para tres persoas, unha delas Little Steven Van Zandt, que os fichou alí mesmo. Así funciona isto ás veces.
Co paso dos anos chegaron máis discos, máis estrada e máis público.
Tocaron con Paul McCartney, apareceron en Rolling Stone e nunca perderon o pulso. Cando Billy Childish dixo que The Len Price 3 collían as súas cancións e as facían máis pop para gañar cartos, a banda respondeu cunha canción titulada “Childish Words” e cun disco enteiro, Kentish Longtails (2017). Rock con sorriso…e con colmillo.
Tras a pandemia volveron rápidos e sen filtro co Lp Dip Do, esgotaron salas tocando Chinese Burn enteiro e en 2025 seguen na estrada co seu sétimo disco, Misty Medway Magick, últimamente xiraron coas lendas do garage rock The Chesterfield Kings.
Non van de moda nin de postureo. Van de tocar. E quen queira, que se suba.
Única data en Galiza
Artwork de LaChapera





























