8.3 C
Lugo
Sáb, 13 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Ugía Pedreira

19 de diciembre - 20:30

Concerto de Ugía Pedreira

Venres, 19 de decembro de 2025 20:30 hs.

Auditorio Fuxan os Ventos

Idade recomendada: A partir dos 13 anos

Descripción:

O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra de Ugia Pedreira sustentan o seu novo traballo, BASAL, o segundo en solitario despois de Segmento Cantábrico (2021), publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.

Basal son nove cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.

Basal é unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social… A Pedreira ten a capacidade de escribir versos implacables de enorme certeza ou de escoller poemas suntuosos para musicar. Pasea polas creacións melódicas que se revisten da expresividade da lingua galego-portuguesa.

As cancións que compoñen este novo traballo van desde unha paixón arrebatada a unha tenrura que calma, a berrar conscientemente a dor e analizala, a facerse amigos do medo. Son para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado.

Estamos diante dunha carga educacional intrínseca sobre a saúde individual e colectiva a través da arte, sobre como a música repercute no cerebro e se somatiza no corpo-casa. Converte unha conversa de WhatsApp en canción para nadar entre os tópicos do amor, vai a unha devoción real polo Mar que é constante na súa obra, emprega xogos de palabras domésticas, a propia voz da súa nai Isabel, que ten un don para o cantar, ou a voz da súa filla Lúa improvisando nun momento íntimo.

Unha viaxe interior confesional centrada na súa liña xenealóxica feminina, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos.

ENTRADAS: 5€, a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

  • Fecha: 19 de diciembre
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
  • Rúa Madanela
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map