Sábado 22/02 – 21:00 horas – Sala Jagger
VERTER GZ
Ska, Salsa, Cumbia ou Techno experimentando e mesturando sons electrónicos e urbanos para buscar un estilo novo e fresco.
Festa, bo rollo e humor: todo isto é o que combinan Fiz e Miguel para crear un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén, teñen un talento e unha compenetración únicos para darlle un toque humorístico e divertido a calquera situación. Grazas a isto Verter Gz é un proxecto onde todo é posible, dende planificar funerais a ritmo de perreo ata aprender polaco bailando Polka.
FILLOAS
Músico, fanático dos videoxogos e entusiasta de toda a cultura do Internet (sobre todo dos memes). Así se define Filloas, un artista de pop urbano en galego, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, a saúde mental, as relacións persoais e a festa.
O movemento Filloas é imparable, e así o demostrou sendo o proxecto gañador do concurso Novos Valores 2024 do Festigal.
En directo atoparás autenticidade, diversion e risas. É unha boa festa!
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte