11.6 C
Lugo
Sáb, 25 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Conferencia “Bosques e cambio climático. Retos e oportunidades”

27 de octubre - 18:00

Con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático, que se celebra cada 24 de outubro, a UNED de Lugo pon en marcha o proxecto “ODS en Acción”, unha iniciativa permanente que busca vincular mensualmente un Día Internacional ou Mundial cun dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

A primeira actividade enmarcada neste proxecto terá lugar o luns 27 de outubro, ás 18:00 horas, coa conferencia “Bosques e cambio climático. Retos e oportunidades”, impartida por Mercedes Rois, que servirá como acto inaugural do ciclo.

No salón de actos da UNED LUGO (ou online). Gratuíta.

Información sobre a conferencia: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/47965

Nesta primeira edición, o proxecto “ODS en Acción” vincúlase ao ODS 13: Acción polo Clima, subliñando o compromiso ambiental e educativo da UNED de Lugo.

A conmemoración deste día responde á necesidade de dar visibilidade á emerxencia climática global, lembrando que desde o ano 2000 numerosos organismos e organizacións ecoloxistas promoven esta xornada para sensibilizar á cidadanía e reclamar medidas urxentes fronte ao quecemento global e á degradación ambiental.

Ademais, o centro difundirá o 24 de outubro, a través das súas redes e canles propios, a peza audiovisual “PLAN A”, protagonizada polo investigador do CSIC Fernando Valladares, que ofrece unha ollada construtiva sobre a loita climática e o papel esencial da biodiversidade como ferramenta de resiliencia fronte á crise global.

Ese mesmo día, a UNED de Lugo divulgará tamén unha peza informativa coas últimas novas climáticas, na que se destacan os principais datos do Production Gap Report 2025, da Avaliación de Riscos e Impactos derivados do Cambio Climático en España (ERICC-2025) e do balance do verán de 2025, o máis cálido da serie histórica.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto #LugoNaturalMente, a estratexia de sustentabilidade da UNED de Lugo, e reforza a súa liña de traballo en educación ambiental, divulgación científica e compromiso social, achegando os ODS á cidadanía e promovendo a participación activa na defensa do territorio e do clima.

Detalles

Fecha:
27 de octubre
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local