Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Conferencia con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental

26 de enero - 17:00

A UNED de Lugo organiza unha conferencia con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental

A UNED de Lugo, a través do programa ODS en Acción promovido polo Observatorio ODS da UNED, organiza a conferencia titulada “O espertar da consciencia ambiental desde a infancia: o proxecto pellets”, que terá lugar o luns 26 de xaneiro de 2026, ás 17:00 horas, en modalidade presencial no Salón de Actos José Luis Prieto Arroyo da UNED Lugo, e en modalidade en liña, con posibilidade de asistencia en directo ou en diferido.

Nesta convocatoria, a actividade insírese na conmemoración do Día Mundial da Educación Ambiental e pon en valor o ODS 4: Educación de calidade.

O evento combina unha conferencia e un espazo de reflexión centrados no proxecto pellets, unha iniciativa que procura espertar a consciencia ambiental desde idades temperás, promovendo unha mirada que recoñeza a interdependencia entre os seres vivos e os ecosistemas, así como o desenvolvemento do pensamento crítico, o compromiso ético e a acción responsable.

A xornada contará con poñentes cunha ampla traxectoria en educación na natureza e pedagoxía ambiental, entre elas Bibiana Marful Castañal, cofundadora e coordinadora pedagóxica do proxecto Nenea, medrar creando, e María Mayorga Martín, xornalista e educadora social vencellada á educación ao aire libre.

A inscrición, que pode realizarse a través da ligazón https://extension.uned.es/actividad/idactividad/50075, é gratuíta e a actividade está aberta ao público xeral, podendo resultar de especial interese para o profesorado ao tratarse dunha proposta accesible e directamente aplicable na práctica educativa.

Detalles

  • Fecha: 26 de enero
  • Hora:
    17:00
  • Categoría del Evento:

Local