13.3 C
Lugo
Lun, 2 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Curso de verán da USC «Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta»

26 de junio - 27 de junio

Curso de verán da USC «Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta»

Localización: Museo a Domus do Mitreo

Matrícula na actividade: 15/05/2025 – 13/06/2025

Desenvolvemento da actividade: 26/06/2025 – 27/06/2025

Este curso de verán ofrecerá unha aproximación integral ás múltiples formas de abordar a morte en contextos arqueolóxicos e históricos, desde a Prehistoria ata a Tardoantigüidade.

O obxectivo é comprender as diferentes formas nas que as sociedades do pasado representaron, xestionaron e ritualizaron a morte a través de ósos, pedras, cerámica e textos, así como analizar a morte desde unha perspectiva interdisciplinar, integrando enfoques arqueolóxicos, históricos e bioantropolóxicos

Prezo único (prezo total da actividade)70€

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €

Matrícula: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/relatos-morte-osos-pedras-barro-tinta-14443

PROGRAMA

Dirección: Miguel Carrero Pazos (USC), Patricia Argüelles Álvarez (USC)
Secretaría: Edgard Camarós Pérez (USC)

Día 26

9:30 a 9:45
Inauguración do curso
Miguel Carrero Pazos (USC)
Patricia Argüelles Álvarez (USC)

9:45 a 10:00
O museo do Mitreo ¿Por qué un curso de verán sobre a morte?
Dolores Dopico Caínzos
Directora Museo Mitreo (USC)

10:00 a 11:00
A morte en óso. Dende a Prehistoria á Historia
Edgard Camarós Pérez
Investigador Ramón y Cajal (USC)

11:00 a 12:00
A morte en pedra. Paisaxe e simbolismo no fenómeno megalítico galego
Miguel Carrero Pazos (USC)

Pausa café 30 minutos

12:30 a 13:30
A morte en barro. Historias que a cerámica pode contar sobre a ritualidade funeraria na Prehistoria Recente de Galicia
Pilar Prieto Martínez (USC)

13:30 a 14:30
A morte en pedra. Trazando mil anos de silencio. Comportamento funerario durante a época dos castros
Ángel Villa Valdés (Museo Arqueolóxico de Asturias)

Pausa comida

17:00 a 18:00
Taller. Materiais arqueolóxicos en pedra no museo A Domus do Mitreo
Celso Rodríguez Cao (Museo arqueolóxico A Domus do Mitreo)

18:00 a 19:00
Taller. Materiais arqueolóxicos cerámicos no museo A Domus do Mitreo
Guadalupe Castro González (USC)

19:00 a 20:00
Taller. Materiais arqueolóxicos en óso no museo A Domus do Mitreo
Edgard Camarós Pérez (USC)

Día 27

09:30 a 10:30
A morte en óso. Bioarqueoloxía da morte do período romano á época medieval
Olalla López Costas (USC), Clara Veiga Rilo (USC)

10:30 a 11:30
A morte en pedra. A tranformación das sociedades indíxenas a través da epigrafía funeraria. Epigrafía e morte na Roma clásica
Dolores Dopico Caínzos (USC)

Pausa 30 minutos

12:00 a 13:00
A morte en pedra: As necrópoles funerarias de Lucus Augusti
Francisco Folgueiras Ríos (USC)

13:00 a 14:00
Visita libre. Museo A Domus do Mitreo

Pausa comida

17:00 a 18:00
A morte en tinta: Incidencias e accidentes viaxando durante o Imperio romano e tardoantigüidade
Patricia Argüelles Álvarez (USC), Manuel Villanueva Acuña (USC)

18:00 a 19:00
A morte en tinta: Formas de morrer na tardoantigüidade. Tortura e morte no caso de Prisciliano de Ávila
Diego Piay Augusto (UNIOVI)

19:00 a 20:30
Un paseo funerario dende o Mitreo á Porta Miñá, Lugo
Francisco Folgueiras Ríos (USC), Dolores Dopico Caínzos (USC)

Detalles

Comienza:
26 de junio
Finaliza:
27 de junio
Categoría del Evento:

Local

Domus do Mitreo
Praza Pío XII, 3
Lugo, 27001
+ Google Map
Ver la web del Local