11.6 C
Lugo
Sáb, 25 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Danza – «Dique»

31 de octubre - 20:30

Danza – «Dique»

Nova Galega de Danza

Venres, 31 de outubro de 2025 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:

Dique de Campá de Ferrol foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España. Detrás da súa construción está o traballo invisibilizado de 200 mulleres que desde 1874 pasaron anos retirando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en sacos e cestas sobre as súas cabezas. Eran as «cargadoras» e, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes. A todas elas rendimos homenaxe neste espectáculo.

Dique é unha coprodución de: Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.

ENTRADAS: 5 €

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación cultural do segundo semestre no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Detalles

Fecha:
31 de octubre
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05