Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Danza – «NIK.EU 2.0»

30 de enero - 20:30
Danza – «NIK.EU 2.0»

De iXA

Venres, 30 de xaneiro de 2026 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: Todos os públicos

Participa  como invitado o alumnado de 6º curso de grao profesional do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo coa peza » Sermón» do bailarín e coreógrafo galego Samuel López Legaspi.

Sinopse:

NIK·EU 2.0 preséntase como a última produción do proxecto iXa.

Unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración.

A obra foi estreada en abril do 2023 e está dirixida por Xián Martínez.

Coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía cun primeiro período de residencia enmarcado dentro do Festival de danza DNA22 e unha segunda etapa que discorreu en Lekuona Fabrika a finais de 2022.

NIK·EU 2.0 segue, como xa é habitual,  a filosofía de iXa centrada en desenvolver obras enfocadas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.

A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestiós sociais de perspectivas de xénero e máis especificamente de contido LGTBIQA+, etc.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e no Vello Cárcere ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05