8.3 C
Lugo
Jue, 4 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Danza – Pezas curtas

22 de noviembre - 20:30

Danza – Pezas curtas

Idi Begi + Contido + Proserpina + Portrait

Mércores, 22 de outubro de 2025 20:30 hs.

Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: Todos os públicos

Idi Begi (Proyecto Larrua)

No País Vasco, o Idi-Probak consiste en utilizar bois para arrastrar pedras.

Inspirados nesta práctica tradicional, os bailaríns mergúllanse no corpo do animal para contar a dureza do traballo, a loita pola supervivencia, o desexo de liberdade e ese vínculo, ambivalente e constante, entre o ser humano e o animal.

Proyecto Larrua – Idi Begi Desde os albores do sedentarismo, o ser humano alixeirou o seu traballo grazas á axuda dos animais. Proxecto Larrua adopta o punto de vista dun boi para, a través da danza, mudar a mirada, cuestionar este vínculo doméstico e falar dun mundo rural que desaparece.

Contido (Companhia dança Almada)

As regras impostas pola sociedade, polas que interaccionamos uns cos outros, domésticannos.

Crean tendencias, hábitos, que moitas veces nos fan perder a capacidade de cuestionar.

Convértense nun dato adquirido. Fican tan intrínsecos na nosa maneira de pensar e de estar que nos cegan e limitan a exploración e a conexión coa nosa natureza.

Do que sentimos, dos nosos instintos tamén ligados aos nosos devanceiros, sobresaíe o noso lado animal e máis salvaxe.

Proserpina (La mínima)

Proserpina. Non lembro como era eu ao principio, cando case non sabía nada. Pero a miña sensación é que era primavera. Lembro mellor por que deixei de ser así… cando coñecín máis cousas. Agora non me recoñezo.

Proserpina é un solo de danza contemporánea cuxa esencia é a espontaneidade do movemento e a apertura e adaptabilidade do corpo en relación ao impulso, ao estímulo, á sensación percibida polos sentidos.

Portrait (ZigZag)

Portrait expón ante o público o reto de subir ao escenario. Afonda nas motivacións e nos medos do intérprete, porque a soidade en escena é unha soidade diferente ás demais. Dirixida e interpretada por Miguel Quiroga, a peza explora esa “situación forzada e voluntaria de exposición persoal ante un público que agarda recibir”.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación cultural do segundo semestre no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05