- Este evento ha pasado.
De conversa con Xosé Valín – «Libros con Historia»

De conversa con Xosé Valín – «Libros con Historia»
Sábado 17 de maio de 2025 – 19:00 horas – A Despensa do Saa – Entrada de balde.
O libreiro de vello e investigador Xosé Manuel Valín Barreiro será o protagonista do espazo De conversa con…, que forma parte da programación de actividades culturais da taberna A despensa do Saa.
Valín falará de Libros con historia.
Será presentado pola escritora Marica Campo.
Xosé Manuel Valín é o titular da librería de vello Valín Libros, sita en San Roque, 32, en Lugo.
É autor de Lugo, entre la historia y la leyenda, Orígenes, mitos y leyendas de Galicia e Manuel Pajón, o bardo lugués.
Marica Campo é unha recoñecida escritora, de longa traxectoria.
A súa obra inclúe poesía, relato, teatro e novela; é autora de prólogos e pregoeira en diversas feiras, entre elas as do San Froilán 2017.
É tamén unha incansable e eficaz animadora cultural.
Ten recibido numerosos premios e distincións, entre outros o da Cultura Galega 2022 e o Entre Mulleres.
É Chairega de Honra, distinción concedida pola asociación cultural Xermolos e a Fundación Manuel María.
A biblioteca do colexio do Incio, o seu concello natal, leva o seu nome.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo





























