12.2 C
Lugo
Dom, 7 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Diálogo aberto: “De cor. Diálogos para habitar a Memoria”

23 de octubre - 19:00

Diálogo aberto: “De cor. Diálogos para habitar a Memoria”

No Museo Provincial de Lugo, na Praza da Soidade, o  xoves 23 de outubro, ás 19:00 horas.

A entrada é gratuíta e o espazo é accesible, aberto a toda a cidadanía que desexe unirse á reflexión colectiva.

O diálogo contará con tres expertas que traballan pola memoria histórica desde diferentes eidos: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; Chus Navarro Otero, mestra e figura clave na difusión da memoria democrática galega; e Carmen P.G. Granxeiro, artista e documentalista que utiliza a cultura para rescatar narrativas históricas silenciadas.

Durante o evento, poderase tamén gozar da mostra “Os fíos da presenza” de María Arufe Moares.

A artista visual exhibirá unha serie de fotografías bordadas, unha técnica que utiliza como forma de recuperación simbólica da memoria.

Mediante o bordado sobre imaxes antigas, Arufe convida a reflexionar sobre que recordos se manteñen e cales quedan esquecidos, devolvéndolle presenza a esas persoas anónimas e abrindo un diálogo entre o que se recorda e o que se borra.

Organiza: AGAMA (Arxentinas en Galicia pola Memoria)

 

Detalles

  • Fecha: 23 de octubre
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local