21.9 C
Lugo
Mié, 18 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental “Bye Bye Tiberias”

3 de junio - 20:00

Documental “Bye Bye Tiberias”

Martes-3 de xuño. 20:00 horas. Salón de actos da Deputación de Lugo. Entrada
libre ata completar aforo

Lina Soualem/ 2023/ Palestina, Bélxica, Qatar, Francia/ 82 minutos

Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa a casa coa súa filla neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación.

Cineasta e actriz franco-palestina-alxerina, Lina Soualem é licenciada en Historia e Ciencias
Políticas pola Universidade da Sorbona. Soualem dirixiu os multipremiados filmes Their Algeria (2020) e Bye Bye Tiberias (2023), o cal foi elixido para representar a Palestina nos Oscar de 2024.

Ciclo «Cine euroárabe “AMAL en Ruta Lugo 2025”»

O ciclo Amal, que aborda temáticas como a situación en Gaza, os dereitos da muller en
Xordania ou a chegada de refuxiados a Europa, leva á capital lucense un resumo da última
edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, que inclúe catro longametraxes e un documental–cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

Poderanse ver desde o martes, 20 de maio, ao martes, 17 de xuño,no salón de actos da Deputación de Lugo, ás 20:00 horas. O acceso ás proxecciónsé libre e gratuíto ata completar o aforo da sala.

A primeira sesión será o martes, 20 de maio, coa película The Teacher; o martes, 27 de
maio,proxectarase a ficción Inshallah Walad; o martes, 3 de xuño, será a quenda para o
documental ByeBye Tiberias; o martes, 10 de xuño, poderase ver a ficción To a Land
Unknown; e o martes, 17 de xuño, a película The Old Oak; todas elas producións de gran
recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
3 de junio
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local