- Este evento ha pasado.
Documental «No se oye» – Coloquio

Documental «No se oye» – Coloquio
05/06/2025
18:30 horas
Museo Provincial de Lugo
O documental, elaborado por alumnado da Fundación TIC de Lugo, recolle a impactante testemuña de dúas mulleres vítimas dunha aparente trama de sustracción de bebés nas casas de maternidade da cidade de Lugo durante a década de 1960.
Trátase dunha peza que dá voz a historias silenciadas durante décadas e que nos convida a reflexionar sobre a memoria, a xustiza e a reparación.
A actividade enmárcase dentro do programa Cousas Nosas. Historias Soterradas da RMPL, coordinado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
Este programa aposta pola recuperación e visibilización das memorias esquecidas ou silenciadas, a través da cultura e da participación comunitaria.
A entrada é libre ata completar aforo.





























