7.7 C
Lugo
Mar, 18 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental «No se oye» – Coloquio

5 de junio - 18:30

Documental «No se oye» – Coloquio

05/06/2025

18:30 horas

Museo Provincial de Lugo

O documental, elaborado por alumnado da Fundación TIC de Lugo, recolle a impactante testemuña de dúas mulleres vítimas dunha aparente trama de sustracción de bebés nas casas de maternidade da cidade de Lugo durante a década de 1960.

Trátase dunha peza que dá voz a historias silenciadas durante décadas e que nos convida a reflexionar sobre a memoria, a xustiza e a reparación.

A actividade enmárcase dentro do programa Cousas Nosas. Historias Soterradas da RMPL, coordinado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Este programa aposta pola recuperación e visibilización das memorias esquecidas ou silenciadas, a través da cultura e da participación comunitaria.

A entrada é libre ata completar aforo.

Detalles

  • Fecha: 5 de junio
  • Hora:
    18:30
  • Categoría del Evento:

Local