16.1 C
Lugo
Dom, 19 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Encontro ’15 anos do decreto do plurilinguismo. Hai futuro para o galego?

29 de octubre - 19:00
Encontro ’15 anos do decreto do plurilinguismo. Hai futuro para o galego?
29.10.2025 | 19.00h

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Lugo Cafetaría

Neste 2025, o Consello da Cultura Galega publicou un documento de traballo sobre as competencias e usos das linguas cooficiais en España, que veu corroborar a caída do uso do galego entre as xeracións mais novas, así como a menor efectividade das políticas educativas comparadas coas doutras comunidades.

No documento sublíñase tamén a urxencia de intervir no ámbito escolar e na transmisión interxeracional, e constátase unha percepción de menos prestixio social e utilidade da lingua en ámbitos formais e profesionais.

Diante deste panorama, como actuar para tratar de reverter esta situación? É posible facelo? Como modificar esa negativa percepción que a sociedade galega ten da lingua propia?

A situación sociolingüística en Galicia debe de ser obxecto dunha profunda reflexión, e para facer o noso contributo, no encontro estarán dúas persoas con moito que contar:

  • Ana Iglesias Álvarez, profesora da Universidade de Vigo, e doutora e investigadora no ámbito da sociolingüística, especialmente en temáticas relacionadas coas actitudes lingüísticas cara ao galego, a transmisión interxeracional da lingua e as políticas lingüísticas familiares. Moitas delas tratounas no seu libro Falar galego: “no veo por qué” (Ed. Xerais).
  • Nel Vidal Barral, profesor de Lingua Galega no CPI O Cruce de Cerceda, pero antes foi técnico de normalización Lingüística no Concello de Carballo e presitede da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Desde un e outro posto participou na posta en marcha de múltiples proxectos de promoción do uso do galego (Gústame o galegoApegoLGx15YoutubeirasGoza coa túa lingua etc).

Esta iniciativa, incluída dentro da programación do Outono Cultural, enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

Fecha:
29 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo
LUGO, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982823008
Ver la web del Local