Encontro fotográfico con Bandia Ribeira
Data: 1 de novembro de 2025
Lugar: Casa do Saber
Horario: 17:00 a 20:00
“No meu traballo sempre me pregunto canto máis intimamemente podo conectar con un suxeito e un lugar a través da cámara. É un motor que impulsa o meu enfoque fotográfico.
A incomodidade, o estrañamento e a vulnerabilidade exercen un papel importante a medida que desenvolvo un proxecto. En lugar de rexeitar estes sentimentos, inclínome por eles para guiarme.
Neste encontro exploraremos diversos proxectos nos que levo traballado e abordarei as distintas fases desde a investigación inicial ata a materialización dos mesmos. Tamén se abrirá un espazo para a conversa libre no que se poderán compartir procesos, intereses e reflexións.” Bandia Ribeira @bandia_ribeira
Dentro do Lugo Cultural / Outono Cultural
Organiza @cultura_usc
Colabora @vicedepulugo @culturaturismolugo @afmarujaroca
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte