7.7 C
Lugo
Vie, 14 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Encontro fotográfico con Catara Rego

21 de marzo - 17:00 - 20:00

Encontro fotográfico con Catara Rego

Data: 21 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas

Casa do Saber

«Construír a paisaxe»

Explora o proceso creativo en torno á representación e configuración da paisaxe coma un elemento identitario, histórico e emocional.

A través da fotografía, analizarase o vínculo entre territorio e memoria, a relación entre os espazos e os relatos que os atravesan e os efectos da transformación da paisaxe.

Abordaranse as distintas fases dun proxecto artístico, desde a investigación ata a materialización do mesmo.

Abrirase tamén un espazo de conversa libre onde se poderán compartir procesos, intereses e reflexións.

Catara Rego

(Meira, 1996) é artista visual e fotógrafa.

Formada en Belas Artes e Deseño, ten un máster en Fotografía de Autor pola escola EFTI de Madrid. A súa obra afonda na relación entre paisaxe, territorio e identidade.

Ten participado en exposicións colectivas no festival PHotoEspaña 2024; no Vello Cárcere en Lugo (2024), no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela (2023) na Galería Solaina en Lugo, na Galería Metro de Santiago de Compostela…

No 2022 formou parte do XII Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

No 2023 resultou gañadora do premio Descubrimientos PHE23 de PHotoEspaña polo seu traballo Zona de sacrificio tras ser seleccionada para participar nos visionados de porfolio de Santander de PHotoEspaña en 2022.

No 2024 foi seleccionada para participar nos visionados de porfolio do Art Photo Bcn en Barcelona onde gañou a beca de produción de Fuego Books.

Matrícula

Inscrición ata unha semana antes ou ata completar prazas a través deste formulario, seguindo as indicacións que aparecen no documento ‘Instrucións pagamento taxas’. Máis información en 982 82 15 13 / 982 82 15 11 / cultura.lugo@usc.gal

Taxas:

  • Xeral: 22 euros por encontro / 100 euros polos 5 encontros
  • Comunidade universitaria: 16 euros por encontro / 70 euros polos 5 encontros
  • Asociación Maruja Roca: 20 euros por encontro / 90 euros polos 5 encontros

Próximos encontros:

3º Manchar papel. Fotolibros, outra maneira de contar historias  Relator: Tono Arias

Data: 22 de marzo, de 11.00 a 14.00 horas

4º A viaxe interior  Relator: Vicente Fraga

Data: 28 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas

5º Unha viaxe a través do retrato Relator: Jesús Madriñán

Data: 4 de abril, de 17.00 a 20.00 horas

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
21 de marzo
Hora:
17:00 - 20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map