Encontro fotográfico con Jesús Madriñán
«Unha viaxe a través do retrato»
4 de abril, de 17.00 a 20.00 horas na Casa do Saber
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) utiliza a fotografía analóxica de gran formato para reinterpretar e actualizar o retrato como xénero artístico. A súa produción nace da subversión da fotografía de estudo, superando os seus parámetros habituais para nutrirse do paradoxo derivado de empregar técnicas tradicionais (cámara de placas) en situacións inevitablemente espontáneas e inaprensibles.
Froito desta contradición xorden series como Good Night London (2011), Boas noites (2013), Dopo Roma (2016), I Am Light (2019), ou Washington Store (2023). O resultado é un conmovedor retrato xeracional no que prevalecen valores como a xuventude, a diversidade e la tolerancia.
A traxectoria de Jesús Madriñán conta con numerosas exposicións individuais, entre as que destacan: I Am Light -Centro Galego de Arte Contemporánea-, Mil noches y una noche -Centre del Carme, Valencia-, Good Night -Photo IS:RAEL, Tel-Aviv- El tiempo revelado -Centro de Arte Alcobendas-, Washington Store -Embajada de España nos EEUU- e as dedicadas á súa serie Good Night London no Centro Cultural Kavlin de Punta del Este, Uruguay, e nos Centros Culturales de España en México D.F. e Montevideo.
Ademais, participou en prestixiosos festivais e feiras de arte como Paris Photo, Unseen Amsterdam, Photo London, ARCO, ou os International Photography Awards de Nueva York.
Inscrición ata unha semana antes ou ata completar prazas a través deste formulario, seguindo as indicacións que aparecen no documento ‘Instrucións pagamento taxas’. Máis información en 982 82 15 13 / 982 82 15 11 / cultura.lugo@usc.gal
Taxas:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte