Escape room. Os misterios da biblioteca
22 de octubre - 18:00

A Biblioteca Municipal Isidro Novo, situada no parque de Frigsa, abrirá o vindeiro luns, 19 de outubro, o prazo de inscrición para participar na actividade «Escape room. Os misterios da biblioteca», que terá lugar o xoves 22 de outubro, ás 18:00 horas.
A proposta está dirixida a nenos e nenas a partir de 8 anos e terá unha duración aproximada de 60 minutos. Durante a sesión, os participantes deberán descifrar unha serie de enigmas a través da cooperación e do enxeño, nunha experiencia que os convidará a descubrir os misterios que se agochan entre os libros.
A actividade coincide coa semana na que se celebra o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, e busca achegar os máis pequenos ao mundo da lectura dun xeito lúdico e participativo.
As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do luns na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 982 297 414.
Esta iniciativa enmárcase na programación de animación á lectura que ofrece o Concello de Lugo a través da Biblioteca Municipal Isidro Novo, con propostas destinadas a fomentar o interese polos libros e os contos entre o público infantil. Nos próximos días presentarase a programación completa do trimestre

