Espectáculo familiar “Glamping” de SU.MA.
24 de xullo. 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos.
Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia? Que pasa cando se torcen as cousas? «O roce fai o cariño», din…
Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación. Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Cando parece que todo está perdido… a creatividade xurde abrindo un camiño inesperado.
«Tarde e tardiña 2025» espectáculos para público familiar este verán en Lugo