2.2 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Espectáculos de danza: «Batu», «Triade» e «Ypark»

21 de febrero - 20:30

Espectáculos de danza: «Batu», «Triade» e «Ypark»

«Batu» de NODE (Euskadi), «TRÏADE» (Compañía Colectivo Glovo), YPark (Compañía Zuk Dance)

  • venres, 21 de febreiro de 2025 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:

«Batu» é a celebración que comparte o noso legado, o presente e o futuro.

Alúmbrase sobre os pilares culturais de Euskal Herria (folklore, danza e música).

A mirada enfocada ao futuro para dar un salto e inundarnos coa súa luz. Suma o que fumos, o que somos e o que seremos nun mesmo contexto artístico. Conmemora as nosas raíces e celebra o noso porvir cunha viaxe no tempo. Unha viaxe ao través de corpos xeneracionais.  

Unha sociedade que deu aos deuses por mortos e permitiu que algunhas mulleres se apoderaran de vellos símbolos. O resultado foi un código independente, positrónico, baseado na risa, a complicidade e a linguaxe propia.

«TRÏADE» ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vencellarse e bailar desde o coidado e a escoita nun espazo feminino que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirada pola triada luar e a súa idea do eterno retorno – vida, morte e renacemento – resultando unha peza de corto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás ancestras e ás raíces.

YPark explora a desgarradora travesía dunha muller na busca da liberdade.

Inspirada na historia de Yeonmi Park, a peza trascende os límites da linguaxe para capturar as emocións de opresión, desesperación e resistencia.

A través da plasticidade do movemento e o contacto represéntase a loita de quen se enfrenta ao autoritarismo e ao sufrimento humán que isto conleva.

A viaxe comeza na escuridade sofocante dun réxime represivo, onde os corpos móvense con restriccións, simbolizando a perda de identidade e a represión do espíritu.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Auditorio Municipal Gustavo Freire – Programación primeiro semestre 2025

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
21 de febrero
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05