Evento solidario e gastronómico Diez Raziones
21 de febreiro no Círculo das Artes de Lugo
A velada contará cun menú de 10 pratos 10 sorteos, e un prezo de 100 euros que se
destinará integramente ás asociacións lucenses Raiolas e Down Lugo.
As entradas xa están dispoñibles nos restaurantes colaboradores da cidade e na páxina web diezraziones.com
Dará comezo ás 21:00 horas coa degustación de pinchos para iniciar a experiencia culinaria.
A partir das 22:00 horas, os stands dos chefs participantes ofrecerán as súas creacións gastronómicas, convertendo a noite nunha celebración de sabores únicos.
A velada incluirá ás 23:00 horas un sorteo e o Mago Rafa sorprenderá aos asistentes cun
espectáculo de maxia.
Ao remate da noite, ás 23:45 horas, a banda La Penúltima Sabinera ofrecerá unha actuación musical.
CHEFS:
Miguel F. Vidal, do Restaurante Morgana (Madrid)
Pablo Vila, chef do grupo Oca Hotels (Santiago de Compostela)
Xoán Crujeiras do restaurante Bido (A Coruña)
Javier Rodríguez (Taky), responsable do Cátering Boketé (Cambre, A Coruña) e recoñecido Chef Executive do Restaurante Taberna del Alabardero
Gerson Iglesias, líder da cociña do Hotel Oca Vila de Allariz (Ourense)
Chisco Jiménez do Culuca (A Coruña).
Así mesmo, os chefs lucenses anfitrións do evento que estarán presentes serán Noelia Canto, da Postrería de Noe; Álex Méndez de Os Cachivaches; Nardo Eiroa de Canedo Restaurante Brasería; Héctor López, do Restaurante España; e Álvaro Villasante do Paprica.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte