18.3 C
Lugo
Vie, 18 Jul 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Experimenta «Amanda Mur»

23 de julio - 20:30

Experimenta «Amanda Mur»

O Mercores 23 de Xullo as 20:30 nos Xardíns do Pazo Provincial de San Marcos. Entrada libre ata completar cabida.

Non ocorre tantas veces escoitar o debut dunha artista e que soe tan rotundo, tan definivo.

Ocorre en ‘Neu Om’, primeiro disco oficial de Amanda Mur.

O que temos entre mans non son os pasos tentativos de alguén buscando o seu camiño, senón a obra case definiva dunha artista que tritura á primeira e sen contemplacións expectativas, tendencias e usos e costumes da industria musical.

Coma se fose un sortilegio sonoro que se executa no oído do oínte, ‘Neu Om’ enlaza vangarda e tradición, texturas orgánicas e sintécas, emoción e intelectualidade.

Unha viaxe que arrinca en Cantabria, su terra natal, e que chega ata o mismísimo centro do corazón daquel que ouse darlle o play.

Unha obra concibida como un todo, das que deben escoitarse de principio a fin.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo – vivalugo.es

Á produción, a propia artista rodeada dun equipo de luxo formado por Adrián Foulkes, en tarefas de mestura e asistente de produción, e do músico británico de grime Joker, que se encargou de mesturas adicionais e tamén do mastering.

En propias palabras da autora (Quen mellor para explicalo?), trátase de “unha hibridación de eslos e xéneros que existe grazas a unha orixe común: unha música neo-mísca que busca ritualizar o proceso de escoita xerando un espazo de inmidade comparda co público”.

Un xogo de contrastes creavos e emocionais que transcende xéneros e sacralizan a poesía con inflexións que lembran ao rezo. Do miscismo do bosque cántabro ao mundo.

Amanda Mur (Cantabria, 1996) non é unha recentemente chegada, iso queda claro. De formación clásica en piano e voz —nótase, para ben—, compuxo obras para concerto que se interpretaron en lugares da magnitude do Auditorio Nacional ou o Teatro da Zarzuela.

Esa bagaxe dialoga aquí con outras influencias sonoras e persoais para ofrecer un artefacto único na escena nacional.

Ciclo organizado pola asociación cultural lucense Tele-Clube Lugo que conta co apoio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Creatividade sen límites no ciclo Experimenta 2025 en Lugo

Detalles

Fecha:
23 de julio
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local