Xoves 24 de Xullo as 20:30 na Capela de Santa María, entrada libre ata completar cabida.
Disciplinas como poesía, música, vidoarte e posta en escea reméndanse unhas ás outra nun espectáculo pensado para o directo, para acción e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha vivencia.
Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade.
Nos contidos destaca un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada.
Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música).
O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.
Cindaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesía”: poesía con música electrónica, con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient.
En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz) e nesta actuación incorporarán os visuais de María Roja.
Ciclo organizado pola asociación cultural lucense Tele-Clube Lugo que conta co apoio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Creatividade sen límites no ciclo Experimenta 2025 en Lugo
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo – vivalugo.es
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte