4.4 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Faísca cultural «Fundamentos antropolóxicos da alimentación»

21 de febrero - 10:00

Faísca cultural «Fundamentos antropolóxicos da alimentación»

No ano 2022, a USC puxo en marcha as Faíscas Culturais, pequenas intervencións pedagóxicas coas que se pretende conectar a acción cultural da Universidade de Santiago de Compostela cos contidos que o estudantado adquire nas aulas.

O obxectivo desta iniciativa consiste en fomentar a reflexión crítica tomando a cultura como punto de ancoraxe.

Agora, o 25 aniversario do descubrimento da Domus do Mitreo na cidade de Lugo serve de motivo para unha nova vaga de Faíscas coas que introducir nas aulas a posta en valor do patrimonio lucense.

O 21 de febreiro, ás 10.00 horas, será a quenda da profesora Luzia Oca González na Casa do Saber, quen abordará os fundamentos antropolóxicos da alimentación ante o estudantado do grao en Nutrición Humana e Dietética.

A entrada está aberta a toda a comunidade universitaria e quen participe na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao, director da escavación, á Domus do Mitreo.

O 11 de marzo, a Escola Universitaria de Enfermaría sumarase ás Faíscas poñendo o foco na evolución dos coidados nas épocas romanas, mentres que o 2 de abril, Formación do Profesorado desenvolverá unha nova intervención que levará por título ‘A escola na Domus’.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
21 de febrero
Hora:
10:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map