8.3 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Faladoiro ‘A agricultura en Palestina. Sementes de resistencia’.

26 de febrero - 19:00

Faladoiro ‘A agricultura en Palestina. Sementes de resistencia’.

Mércores 26 de febreiro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo (Rúa Benigno Ledo 27002 Lugo)

Dentro dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación do Lugo Cultural e da Primavera Cultural

Sobre o encontro

Do 8 ao 18 de decembro de 2024, unha delegación de La Vía Campesina (LVC) percorreu rexións clave de Palestina, como Nablús, o val do Xordán, Ramala, Belén e Hebrón, e reuniuse con agricultores e agricultoras, gobernadoras e representantes de organizacións da sociedade civil, como cooperativas de mulleres, grupos xuvenís e defensoras dos dereitos humanos.

As reunións revelaron unha realidade desoladora: as políticas sistemáticas de demolición de vivendas, confiscación de terras e restricións ao acceso á auga devastaron os medios de subsistencia das labregas e labregos e as comunidades rurais palestinas.

A delegación foi testemuña da resistencia destas comunidades e da súa firme determinación de permanecer nas súas terras a pesar de décadas de desprazamento e violencia.

Especialmente dignos de mención son os esforzos da UAWC (Unión de Comités de Traballo Agrícola) no val do Xordán, fonte dos alimentos en Palestina, para apoiar ao campesiñado mediante a recuperación de terras, bancos de sementes e programas de formación.

Estas iniciativas pretenden preservar a soberanía alimentaria palestina e enfrontarse ao proxecto colonial israelí.

Para falar desta situación con información de primeira man, traemos ao primeiro Encontro de Lúa Chea de 2025 a Dora Cabaleiro, membro da delegación de La Vía Campesina Internacional que visitou Palestina, así como a Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

A partir das 19 horas do mércores 26 de febreiro, agardámosvos na Cafetería da EPS de Enxeñaría para saber máis sobre esta vertente menos coñecida da ocupación israelí do territorio palestino.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
26 de febrero
Hora:
19:00
Categoría del Evento: