Faladoiro «Urbanismo e acceso á vivenda»
Mércores 12 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.
Sobre o encontro
Conseguir que toda a poboación poida acceder a unha vivenda digna é un dos principais desafíos que temos que enfrontar como sociedade. En realidade, o principal:
Terá razón o Banco de España? É só o evidente, un problema de desaxuste entre oferta e demanda? Ou haberá tamén, máis agochados, outros elementos que explican a situación que estamos a vivir? Pero sobre todo, que podemos facer para superala?
E aínda hai máis: o problema de atopar unha vivenda non é só urbano. Cada vez máis traballos académicos sinalan que a dificultade para acceder a unha vivenda nas zonas rurais é un dos elementos que explica a perda de poboación que sofren estes espazos.
Para falar de todas as arestas desta realidade traemos á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a dúas persoas con experiencia que teñen moito que achegar:
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Dentro dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo