11.6 C
Lugo
Sáb, 25 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Familiar – «Coa cabeza na nubes»

2 de noviembre - 18:30

Familiar – «Coa cabeza na nubes»

SÖA Cia.

Domingo, 2 de novembro de 2025 18:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Familiar
Idade recomendada: A partir dos 6 anos

Sinopse:

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse… non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle adicamos ao traballo? E ao xogo?. Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo para xogar?

ENTRADAS: 3 €

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

IMPORTANTE: Público no escenario. Aforo limitado a 120 entradas.

Detalles

Fecha:
2 de noviembre
Hora:
18:30

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05