18.3 C
Lugo
Mié, 22 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Familiar – «Nanuq»

26 de octubre - 18:30
Familiar – «Nanuq»

Cia. Voël

Domingo, 26 de outubro de 2025 18:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Categoría: Teatro Familiar

Idade recomendada: A partir dos 3 anos

Sinopse:

Soñei, como soñan os osos en inverno.

Un soño cálido, un soño longo, un soño baixo terra. E espertei!, soa, e quixen volver soñar, pero xa non era no soño, era aquí, tan presente e tan efémera como a neve que cae do ceo.

Este ceo que coas súas cores anuncia que algo está por pasar. E que pode pasar ao outro lado do mundo onde nos atopamos. Onde atopamos dous seres con tantas cousas coma soños teñen os osos.

Teñen os osos soños baixo terra. Baixo terra soñei. Soñei. Como soñan os osos.

Como dous corpos e dúas máscaras poden a través da poesía visual e a acrobacia xerar un mundo onírico onde todo está ao borde do abismo.

Falamos dunha historia de amizade sen barreiras, estas barreiras denominadas prexuizos que se erguen cómo altos muros na vida dos adultos, os nenos e nenas non entenden de barreiras, os osos tampouco.

Nanuq é unha peza atemporal onde conviven diversas disciplinas, como son o circo, a danza e as marionetas, para explicar unha historia universal, unha historia para todas, pero especialmente pensada para as máis pequenas.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación cultural do segundo semestre no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Detalles

Fecha:
26 de octubre
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05