8.3 C
Lugo
Sáb, 13 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Familiar – “O Cachopo Máxico”

15 de diciembre - 12:00 - 16 de diciembre - 12:00

Familiar – “O Cachopo Máxico”

de Lila Teatro

Luns, 15 de decembro de 2025 12:00 hs.

Martes, 16 de decembro de 2025 12:00 hs.

Auditorio Fuxan os Ventos

Idade recomendada: Publico Familiar

Descripción:

Nunha pequena porción de terra no cumio dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar perdido entre as brétemas do esquezemento, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fume pola súa torta cheminea.

Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que coma eles non hai outros. Son a familia Palpatore. Non se sabe moi ben de onde veñen, nin tampouco se sabe onde queren chegar.

Os Palpatore son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí, coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos.

Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto rebulir. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece en estas datas de culto e celebración.

ENTRADA: GRATUÍTA

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

  • Comienza: 15 de diciembre - 12:00
  • Finaliza: 16 de diciembre - 12:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
  • Rúa Madanela
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map