Familiar – Tana (A Tobeira)
Compagnia TPO
Domingo, 6 de abril de 2025 17:00 hs. e 18:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: De 1 aos 5 anos
Sinopse:
Teatro visual, emocional, táctil e inmersivo.
Mentres observan a natureza circundante e os animais que a habitan, as dúas protagonistas sumérxense por completo na súa contorna natural: os movementos sinuosos da eiruga, a maxestuosidade do oso cando se move, a lentitude tranquilizadora do caracol que avanza silencioso pero seguro coa súa cuncha.
Cada detalle da natureza convírtese nunha inspiración, unha oportunidade para explorar e crear.
A búsqueda da “tobeira” convírtese nunha metáfora da busca interior e a exploración persoal. Neste momento de compartir e participar, a distinción entre espectadores e intérpretes disólvese, dando vida a unha experiencia teatral colectiva e envolvente.
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte