
A planta baixa da praza de Abastos acolle do 9 ao 11 a feira Diversiarte, coa participación de vinte asociacións de Lugo
Ademais de coñecer o labor que fan estes colectivos a prol da integración, o programa contará con obradoiros, concertos, xincanas, chocolatadas familiares e contacontos.
A inauguración será o martes 09/12, ás 19.00 horas, co concerto de Adrián Vigo e David Taboada.
O mércores e xoves abrirá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
O mércores, a partir das 11.00 da mañá haberás dúas xincanas da accesibilidade con Auxilia e Once, e as actividades da mañá rematarán cun obradoiro de chapas de Alucem.
Pola tarde haberá varias actividades para persoalizar bolas de nadal, a cargo de Raiolas; cestería, con Aspalu; obradoiro de de chapas, con Down Lugo, e de elaboración de xabóns, organizado por San Vicente de Paul.
O xoves, a xornada comezará cunha nova xincana, obradoiro de cerámica, a cargo de Aspnais, e cunha actividades sobre valoración cognitiva, organizada por Afalu.
Xa pola tarde, haberá torneo de boccia, a cargo de varios colectivos; unha nova actividade para decorar bolas de Nadal, dirixida por Raiolas; chocolatada familiar organizada polo Concello de Lugo, e un obradoiro de relaxación a cargo de Alume.
A feira se clausurará ás 19.30 horas coa actuación do Orfeón Lucense.
As asociacións que participan en este evento son: Dano Cerebral Lugo, Aspalu, Cogami, Alume, Fademga, Auxilia Lugo, Asfega, Alucem, Aspace Lugo, AECC en Lugo, Alufi, San Vicente de Paúl, Aspnais, Afalu, Alcer Lugo, Capaces Lugo, Raiolas, Down Lugo, Once y Asorlu

Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte