22.2 C
Lugo
Mié, 26 Jun 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Feira Solidaria Diversiarte 2023

13 de diciembre, 2023 - 15 de diciembre, 2023

Feira Solidaria Diversiarte 2023

Do 13 ao 15 de decembro na Horta do Seminario.

Con esta feira, que ten por obxectivo  recadar fondos para as entidades, se quere facer máis visible o traballo que realizan os colectivos. A veciñanza poderá aproveitar para adquirir os seus agasallos de Nadal sendo solidarios cos colectivos.

O mercado solidario, que estará composto por 15 stands, conta coa colaboración do Concello de Lugo, e a participación dos seguintes colectivos: Adace, Aecc, Afalu, Alcer, Alucem, Alufi, Alume, Alusor, Aspalu, Asfega, Aspace, Aspnais, Auxilia, Bonhomía, Cogami, Down Lugo, Fademga, Feafes, Once, Raiolas, San Vicente de Paúl, Asociación Española do Síndrome de Wolv-Hirschhorn (Aeswh), Lupus, Pinchacarneiros.

Paralelamente á celebración do mercado, as asociacións participantes organizarán obradoiros e espectáculos de animación, coa seguinte programación:

Mércores 13 ás 18.00 horas: Obradoiro de  «Elaboración de xoguetes para os animais sen fogar de Lugo». Organiza Down Lugo.

Xoves 14 ás 19.00 horas: Representación da escena da obra «O achado do castro» pola compañía de teatro Pinchacarneiro.

Venres 15 ás 18.45 horas: Panxoliñas interpretadas polo Orfeón Xoán Montes. Actividade organizada por Parkinson Lugo.

Detalles

Comienza:
13 de diciembre, 2023
Finaliza:
15 de diciembre, 2023
Categoría del Evento: