12.6 C
Lugo
Mié, 19 Jun 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cuarteto de saxofóns Synthèse Quartet

11 de diciembre, 2023 - 20:30

Cuarteto de saxofóns Synthèse Quartet

Synthèse Quartet, cuarteto de saxofóns, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, o luns 11 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Ao longo de toda a súa historia o cuarteto tivo varias ramas que foron enriquecendo o repertorio da formación ata a actualidade. Os tres piares fundamentais nos que se sustenta a literatura da agrupación son: as obras orixinais influenciadas pola tradición clásica francesa, as pezas de nova creación e a transcrición.

O cuarteto nace en 2017 e compóñeno Javier Valero Aladrén, saxofón soprano, Ángela Romera Tutor, saxofón alto, Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor, e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.

Durante os seus cinco anos de traxectoria, foi galardoado con máis de quince premios. Actuaron en grandes salas nacionais e tamén ofreceron a súa música de maneira internacional.

A súa paixón pola música e a búsqueda de máis literatura escrita para a formación de cuarteto de saxofóns lévaos a realizar 4 estreas no año 2021. A máis recente é ‘Sic mundus creatus est’, unha obra encargada ao xove e recoñecido compositor bilbaíno David Cantalejo Gómez, a cal está actualmente publicada pola editorial “Dash Editions”.

Ademais de membros de Synthèse Quartet, son embaixadores das recoñecidas marcas Vandoren Paris, JLV Sound Paris e Instrumentomanía.

Detalles

Fecha:
11 de diciembre, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map