3.3 C
Lugo
Mié, 3 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festa cos Bolechas para acender o Nadal

4 de diciembre - 19:00

Festa cos Bolechas para acender o Nadal

A Deputación de Lugo prepara unha festa cos Bolechas para acender o Nadal en San Marcos este xoves, 4 de decembro. O acto, gratuíto e aberto ao público, comezará ás 19:00 horas coa presentación do último libro dos protagonistas da serie infantil galega «Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural» e continuará cun repertorio de panxoliñas interpretadas polo Orfeón Lucense.

Marta decide celebrar unha festa normanda en Lugo polo seu aniversario e convida aos
Bolechas a percorrer os lugares naturais máis senlleiros da provincia. Así comeza a historia
que se presentará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ás 19:00 horas. Estarán
presentes algúns dos protagonistas que integran a panda de Braulio, Carlos, Sonia e Pili, que interactuarán cos nenos e nenas presentes.

Ás 19:30 comezarán a soar as panxoliñas na Praza de San Marcos, interpretadas polo coro
musical Orfeón lucense. Despois, está previsto que o Presidente da Deputación, José Tomé
Roca, acenda xunto aos Bolechas o alumeado de Nadal exterior e interior do edificio histórico.

Ata as 20:30 horas, a coral seguirá coas nadaliñas, amenizando a aquelas persoas que estean pola praza.

Detalles

  • Fecha: 4 de diciembre
  • Hora:
    19:00

Local