- Este evento ha pasado.
Festa Facela x A Seara

Festa Facela x A Seara
22 de febreiro – 22:30h – Club Clavicémbalo, Lugo
12€ anticipadas en woutick / 15€ taquilla no Clavi
Do universo íntimo e a electrónica mística dos galego-portugueses Mocho Gris (@mochogris) á enerxía onírica e o pop efervescente das noiesas Carabela (@carabelamusic), a “Festa Facela x A Seara” aterrará o 22 de febreiro no Clavicémbalo de Lugo. Unha alianza entre Facela e A Seara que celebra o primeiro aniversario da promotora @aseara.gal e moitos anos compartindo concertos xuntos.
Unha viaxe espacial con grupos que abren novas órbitas para o pop e a electrónica máis imprevisibles, creando o ambiente perfecto no que deixar que a gravidade se apodere dos corpos e que as novas sonoridades nos fagan soñar co espazo.
A proposta complétase invocando a Tonita (@tonita.carreira), creando co seu dj-set un espazo onde seguir flotando e bailalo todo como peche de festa.
Unha noite feita á medida para quen se atreva a explorar e deixarse levar por sons diversos que nos farán transportar a territorios inexplorados.
Ademais, teremos unha estrela convidada no concerto de Carabela: nin máis nin menos que a mesmísima Mercedes Peón (@mercedes_peon), unha das autoras de referencia máis importantes da escena musical galega e europea.
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
https://www.facebook.com/vivalugo
























