Festival de Jazz de Lugo – Josep Manel Vega e Xove Orquestra Terra Nova
Mércores 5 de Novembro
20:00 H – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Entrada de balde ata completar aforo
A almofada cálida e suave dunha orquestra clásica acolle as improvisacións sempre vizosas dun ensemble jazz.
O ensemble será o magnífico trío barcelonés integrado por Juan Pablo Balcázar —baixista eléctrico, contrabaixista e compositor con máis de dez discos gravados como líder e moitos outros como sideman que actuou nunha infinidade de salas e festivais—, Genís Bagés —batería e artista sonoro de longa traxectoria nacional e internacional cuxa linguaxe musical consegue diversifica-lo elemento rítmico e que ten compartido escenario con Marco Mezquida, David Mengual, David Soler e Arecio Smith— e o propio Josep-Manel á guitarra