- Este evento ha pasado.
Festival de Jazz de Lugo – Victor Wooten & The Wooten Brothers
7 de noviembre, 2025 - 20:30

Festival de Jazz de Lugo – Victor Wooten & The Wooten Brothers
Venres 7 de Novembro
20:30 H Auditorio Fuxan os Ventos
Os Wooten son coñecidos colectivamente como un dos grupos de irmáns máis talentosos e dinámicos que o mundo teña escoitado.
Victor Wooten, en cinco ocasións gañador dun Grammy, é un dos mellores baixistas vivos do presente e, a miúdo comparado con Jaco Pastorius, integra a lista de clasificación da revista Rolling Stone dos dez mellores de tódolos tempos.
Joseph Wooten é tecladista e vocalista da Steve Miller Band. Joseph tamén é compositor e arranxador nomeado para os Grammy e destacou por excepcional como vocalista desde neno. Colaborou con figuras como Whitney Houston, Kashif, Kenny G e George Clinton.
Roy Futureman Wooten, cinco veces gañador dun Grammy, é coñecido pola mestría na batería en particular e na percusión en xeral. Famoso, así mesmo, polas súas frenéticas e inimitables actuacións.
O estilo característico da guitarra de Regi Wooten, que definen acordes, slaps, tapping e rasgados sen freo, valeulle sona mundial e comparacións con Jimi Hendrix, Frank Zappa e Chuck Berry. Coñecido mundialmente como o Mestre.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Web oficial do Festival de Jazz de Lugo




























