14.7 C
Lugo
Vie, 30 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Foro sobre os tesouros da colección artística da Catedral de Lugo

20 de mayo - 10:30 - 21 de mayo - 18:00

Foro sobre os tesouros da colección artística da Catedral de Lugo

Martes 20 e Mércores 21 de maio de 2025 – Auditorio Afundación Abanca

10:30 a 14:00 e 16:30 a 18:00

Xa é posible inscribirse en ‘Tempo de arte. Obras de museo III’ que se desenvolverá do 21 ao 22 de maio

“A actividade presenta unha programación moi variada na que teñen cabida pezas moi representativas do noso patrimonio medieval, moderno e contemporáneo, coma o cancel de Saamasas, o retablo maior da catedral ou a capela da Virxe dos Ollos Grandes”, apuntan dende a organización.

Tamén se abordará o legado de figuras relacionadas coa catedral coma Manuel Fernández Varela ou Antonio Fernández Montenegro.

Especialistas como José Manuel García Iglesias, José Manuel López Vázquez, Juan Monterroso Montero, Begoña Fernández Rodríguez ou David Chao Castro danse cita nestas xornadas, que terán lugar no Auditorio da Fundación ABANCA.

Un dos puntos de maior interese destes monográficos é a visita guiada ás obras da colección do Museo Diocesano e Catedralicio, en horario de tarde, para o que é necesario formalizar insctición.

A matrícula é de balde, e pode realizarse ata o día 19 de maio a través dun formulario en liña.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Comienza:
20 de mayo - 10:30
Finaliza:
21 de mayo - 18:00
Categoría del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 28 90 96
Ver la web del Local