- Este evento ha pasado.
Grampoder en concerto

Grampoder en concerto
Sábado 15 marzo 2025
13:30 horas
HO! Gruf – terraza, entrada libre –
Grampoder levan máis de dez anos evolucionando sobre o propio escenario. O son contido, próximo ao folk americano e ao tropicalismo, dos seus primeiros traballos deu paso en PM (2022) a un rock escuro e eléctrico.
A proposta prolóngase agora con Amuleto (2024), un disco no que Grampoder afondan nas súas obsesións: o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria.
As cancións, gravadas por Jacobo Iglesias nos Estudios Potemkin, débenlle tanto á dark wave dos oitenta coma ao blues clásico ou o indie noventeiro.
Le Roi e Martin Wu exercen de notarios dunha xeración apenas cos elementos dunha batería e unha guitarra eléctrica.
Adaptables no seu formato, Grampoder despregan un directo intenso e moi físico, unha montaña rusa de intensidades que explora o punto no que se encontran o rock máis ruidoso coa melodía e a rabia coa resignación.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo























