15 C
Lugo
Lun, 13 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Homenaxe a Paco Martín nos corenta anos de Ramón Lamote

15 de octubre - 17:30

Homenaxe a Paco Martín nos corenta anos de Ramón Lamote

15 de outubro no Círculo das Artes de Lugo (praza Maior, 23), nunha celebración de entrada libre que dará comezo ás 17:30 horas.

Lamote, Ramón Lamote Miñato, profesor particular de chairego e debuxante de soños por encarga, deulles ás letras galegas o seu primeiro Premio Nacional de Literatura e simbolizou ademais o emerxer da vizosa literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Corenta anos despois da publicación da primeira novela que protagonizou este personaxe universal, Das cousas de Ramón Lamote, a Real Academia Galega renderalle homenaxe ao seu creador, Paco Martín

O programa arrincará cunha conversa entre Paco Martín e a tradutora e crítica literaria Isabel Soto, cunha parte final que se abrirá ás preguntas do público. Deseguido o escritor Lois Pérez tomará a palabra cunha intervención titulada De cando o señor Lamote argallou un escritor chamado Paco Martín. Haberá tamén tempo para afondar no Paco Martín lector, da man do tradutor Alejandro Tobar, que falará dos libros que o unen con el. A parte musical correrá a cargo de Branca Villares.

Detalles

Fecha:
15 de octubre
Hora:
17:30
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
Teléfono
982 225 051
Ver la web del Local